• 2019-12-23 12:18:45
    Noticias

    O vindeiro domingo 29 de decembro desenvolverase unha Andaina solidaria e recollida de xoguetes a favor da Cruz Vermella. As persoas interesadas en participar deben anotarse no Concello antes do 27 de decembro.

    A saída será ás 10:30 horas desde a Praza da Pontecarreira en dirección á Capela de Augas Santas. Alí haberá un tempo de descanso para retornar ao punto de partida, onde se ofrecerá rosca e chocolate.

    A recollida de xoguetes será no punto de saída, nun posto que instalará a Cruz Vermella. Poden ser xoguetes novos ou seminovos, sempre en bo estado. Non se admiten xoguetes bélicos nin sexistas. As persoas que colaboren recibirán un agasallo a cambio.

    Recoméndase levar calzado e indumentaria axeitados para camiñar. En caso de meteoroloxía adversa, a actividade sería suspendida.




    Adjuntos: