• 2020-02-06 09:03:03
    Servicios

    O Concello de Frades organiza un campamento gratuíto de conciliación para o luns 24 e o mércores 26 de febreiro, de 9:30 a 13:30 horas. Dirixido a nenos e nenas en idade escolar, o campamento incluirá xogos, obradoiros, contacontos e moitas sorpresas de Entroido. A participación é totalmente gratuíta, se ben o número de prazas é limitado polo que é necesario inscribirse antes do 21 de febreiro no Concello de Frades ou nos teléfonos 981 695 567 e 981 695 663.




    Adjuntos: