• 2020-04-08 11:44:24
    Servicios

    O Concello de Frades e a ONG Mestura poñen en marcha un ano máis o Programa Neneiras, dirixido a promover a igualdade, a saúde e a inclusión social da muller no rural. Diante da imposibilidade de realizar os tradicionais cursos presenciais, o programa transformouse nun servizo telemético onde as mulleres de Frades poden obter: atención psicolóxica (669 86 79 78), asesoramento xurídico, apoio na realización de trámites por Internet, información e orientación sobre traballo, así como orientación laboral. Para poder acceder a algún destes servizos só é preciso chamar ao 981 66 18 40. O Programa Neneiras é froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Frades e a ONG Mestura, que contan co financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e da Unión Europea a través do Fondo Social Europeo.




    Adjuntos: