• 2020-04-17 11:20:10
    Cursos e Formación

    O Concello de Frades e a ONG Mestura ofrecen dous cursos gratuítos de formación en liña dirixidos a mulleres de Frades e incluídos no Programa Neneiras:
    - "Coidado da coidadora", que dará comezo a próxima semana.
    - "Certificado de manipulación de alimentos", que terá lugar nunha data próxima aínda por concretar.
    Máis información e inscricións a través dos teléfonos: 981 661 840 e 604 002 519.
    O Programa Neneiras é froito da colaboración entre o Concello de Frades e a ONG Mestura, co financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e da Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo.




    Adjuntos: