• 2019-04-09 13:21:19
    Info Xeral

    Do 8 ao 15 de abril está aberto o prazo de exposición pública do Censo Electoral para as Eleccións Locais e ao Parlamento Europeo do 26 de maio.
    Durante este periodo calquera persoa pode consultar a sua inclusión nas listas do censo electoral ou presentar unha reclamación administrativa sobre os seus datos censais se fose necesario.
    A consulta deberá de ser formulada pola propia persoa interesada identificándose con calquera dos documentos previsto na Lei Electoral (DNI, pasaporte ou permiso de conducir).
    As consultas ou reclamacións poderán facerse nas Oficinas do Concello os días 8, 9, 10, 11, 12 e 15 deabril de 2019 en horario de 9:00 a 14:00.
    Os teléfonos da Oficina do Censo Electoral, para información sobre as consultas son:
    981 217 439
    981 217 426
    901 101 900