• 2021-09-30 11:05:30
    Cultura e lecer

    O vindeiro día 7 de outubro ás 11:30 horas realizaremos na Biblioteca Municipal de Irixoa a primeira reunión do programa "Encontro coas familias" (antigo preescolar na casa), realizado pola Fundación Antonio Gandoy e coa colaboración do Concello de Irixoa cedendo o espazo e financiando parte do custe da actividade.
    Espazo das familias é un espazo de encontro semanal para pais e nais con crianzas menores de 3 anos para reflexionar e debatir sobre educación, e compartir tempos e espazos lúdicos coas/cos fillas/fillos. Máis información tel. 981 793 001.


    Adjuntos: