• 2025-01-20 11:18:08
    Info General


    A Xunta de Galicia convoca axudas ás persoas traballadoras autónomas para a contratación indefinida inicial e para a formación de persoas desempregadas. 

    Serán subvencionables as contratacións indefinidas que se formalicen desde o 1 de outubro de 2022 ata o 29 de setembro de 2025.

    Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

    a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

    b) Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

    O procedemento tramitarase en https://sede.xunta.gal co formulario TR349F.

    O prazo para presentar solicitudes estará aberto entre o día 24 de xaneiro e o 30 de setembro de 2025.

    Máis información no DOG do 17 de xaneiro de 2025


     e en https://emprego.xunta.gal/portal/gl/empresas.html



    Adjuntos: