• 2025-01-20 12:31:29
    Info General


    A Xunta de Galicia convoca subvencións ás persoas traballadoras autónomas a través dos seguintes programas:

    a) Programa I: Promoción do Emprego Autónomo das persoas traballadoras autónomas (TR341D), destinado a apoiar as persoas desempregadas que inicien a súa actividade empresarial como persoas traballadoras autónomas.

    b) Programa II: Nova Oportunidade das persoas traballadoras autónomas (TR790A), destinado a facilitar a volta á actividade económica da persoa traballadora autónoma que non tivo éxito no seu anterior intento.

    c) Programa III: Bono das persoas traballadoras autónomas (TR341Q), destinado a apoiar a consolidación de proxectos que superaron os 42 meses de vida, co obxecto de mellorar a súa competitividade.

    d) Programa IV: Bono Remuda das persoas traballadoras autónomas (TR353D), destinado a evitar o peche de negocios por falta de relevo xeracional.


    e) Programa V: Axudas á conciliación das persoas traballadoras autónomas (TR341R).




    As solicitudes de subvención deberán presentarse por separado para cada un dos programas co seu modelo de solicitude.


    prazo para presentar solicitudes estará aberto entre o día 24 de xaneiro e o 30 de setembro de 2025.

    Máis información no DOG do 17 de xaneiro de 2025


    e en https://emprego.xunta.gal/portal/gl/empresas.html



    Adjuntos: