• 2025-06-16 10:48:16
    Info General


    O Consello de Ministros, a proposta do Ministerio de Transportes e Mobilidad Sostible, aprobou un Real Decreto-lei para impulsar a terceira edición do "Verano Joven", que volverá facilitar descontos de ata o 90 por cento para viaxes en autobús e tren á mocidade de entre 18 e 30 anos.

    Nesta edición de Verano Joven poderanse beneficiar dos descontos todos os mozos e mozas nados/as entre o 1 de xaneiro de 1995 e o 31 de decembro de 2007, que poderán conseguir billetes de autobús e tren con desconto desde o 1 de xullo ao 30 de setembro de 2025.

    Para optar aos descontos, os potenciais beneficiarios terán que rexistrarse nunha web habilitada polo Ministerio co seu DNI ou NIE. Se se cumpren os requisitos do programa, unha vez rexistrado, as persoas beneficiarias recibirán un código persoal e intransferible que deberán utilizar para adquirir o pase Interrail e os billetes de tren e autobús rebaixados nas webs dos respectivos operadores.

    Páxina de rexistro | Renfe
    Máis información  | Nova Ministerio de Transportes



    Adjuntos: