-
Xa podes votar por Vilarmaior no Xanela Fest!2025-07-11 11:14:56Info General
Vilarmaior únese ao concurso Xanela Fest, para que a orquestra Cinema poida actuar de balde no noso concello o día 17 de outubro de 2025.
Para iso o noso Concello terá que resultar gañador entre tódolos Concellos participantes.
Como o imos facer?
a través dun concurso, votando por Vilarmaior no seguinte enlace:
Votacións - XanelaFest - Unha orquestra de balde no teu concello
busca Vilarmaior e dálle o teu voto.
É un sistema sinxelo, unha simple validación por correo electrónico.
Podes votar ata o 31 de agosto!!
A orquestra Cinema actuará o 17 de outubro no concello gañador.