• 2025-07-24 13:19:53
    Info General

    Curso de formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia (código CFES – IEAN). O curso, cun total de 120 horas de formación, impartirase nos meses de outono e habilitará ás persoas que o completen para desenvolver servizos profesionais de socorrismo.
    Este curso está organizado pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.


    As persoas interesadas no curso deben ser maiores de 18 anos e encontrarse empadroadas, con data anterior a esta convocatoria, en calquera dos concellos do destino turístico Ferrolterra. Para acceder ao curso é ademais necesario superar unha proba de acceso.


    O curso é gratuíto, aínda que as persoas seleccionadas deberán realizar un depósito de 50 € que será devolto ao remate do mesmo.


    A información detallada e o procedemento de inscrición encóntranse nas bases publicadas no taboleiro de anuncios da Mancomunidade na web comarcaferrolterra.es<https://comarcaferrolterra.wordpress.com/>


    O prazo para solicitar participar no curso remata o día 8 de agosto.