-
Bono Cultural Joven 20252025-07-28 10:52:38Info General
Nova edición do Bono Cultural Joven 2025, unha iniciativa do Goberno co obxectivo de facilitar o acceso á cultura da mocidade que este ano cumpre 18 anos.
Este programa ofrece unha axuda directa de 400 euros a cada persoa beneficiaria para o consumo exclusivo de produtos, servizos e actividades culturais.
O prazo para solicitar o bono está aberto ata o 31 de outubro de 2025 e a axuda poderá empregarse durante os 12 meses seguintes á súa concesión, combinando tres categorías de gasto:
• Artes en vivo: cine, teatro, concertos, festivais, espectáculos.
• Produtos culturais físicos: libros, discos, cómics, videoxogos, etc.
• Contidos dixitais: plataformas audiovisuais, prensa, audiolibros ou música en streaming.
Na provincia da Coruña hai xa máis de 100 comercios e entidades culturais adheridas ao programa.
Non deixes pasar esta oportunidade de acceso á cultura!!
Toda a información actualizada sobre o programa, tanto para persoas beneficiarias como para entidades colaboradoras, está dispoñible en: https://bonoculturajoven.gob.es