-
Charla sobre o Programa de Cribado en Cancro de Mama2025-10-13 10:35:18Info GeneralPara conmemorar o día mundial de loita contra o Cancro de Mama, as xuntas locais da Asociación Española contra o Cancro, de Irixoa, Paderne, Aranga e Vilarmaior, teñen programada unha charla gratuíta para o xoves, 30 de outubro de 2025, ás 19.15 horas, impartida polo Doutor Joaquín Mosquera Osés, coordinador da Unidade de Mama no CHUAC e radiólogo no Hospital San Rafael.
O lugar de celebración será no Local Social da Graña en Ambroa (Irixoa).