• 2025-10-22 11:12:42
    Info General


    Nova edición do Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, titulación oficial expedida pola Xunta de Galicia,
    en colaboración coa Escola de Tempo Libre Querqus e Galicia Eventos e Ocio (GEO), xunto ao Concello de Miño. 

    Trátase dunha edición de fin de semana e semipresencial, pensada para facilitar a participación de mozos e mozas que estudan ou traballan. 

    Pode ser unha boa oportunidade para formar novos monitores e monitoras que no futuro poidan colaborar en actividades xuvenís, culturais ou de lecer nos diferentes concellos.

     Datas: do 29 de novembro ao 28 de febreiro (ver cartel adxunto)

     Lugar: Aula de formación Casa do Pescador (Miño)

     Prezo: 280 € (con posibilidade de descontos)

     Inscricións: ata o 15 de novembro

     Máis información e inscricións:

    Concello de Miño – 
    cultura.deportes@concellodemino.gal /
     981 784 405



    Adjuntos: