Volver a la lista

Imagen de evento

TALÍA TEATRO: "VIDA DE CANS".

Actividades festivas

Sábado 24 de abril - 19 horas - Auditorio Municipal

Espectáculo financiado pola DEPUTACIÓN DA CORUÑA para a celebración do DÍA DO LIBRO 2021.

Entrada gratuíta. Podes recoller a túa invitación (máximo dúas por persoa) no LOCAL SOCIAL DA CASA DO CONCELLO ata o sábado 24 de abril pola mañá.

Ficha artística:

Autor: Cándido Pazó
Dirección: Cándido Pazó
Elenco: Dani Trillo, Toño Casais e Artur Trillo


Ficha técnica:

Idioma: Galego
Duración: 70
Comedia Adultos
Idade recomendada: N.R.M. 13 anos

Sinopse:

Tres actores. Tres cans. Ou tres actores que fan de can. Sen deixar de ser actores. Sen deixar de ser cans. Están recluídos nun recinto que lles preparou o seu amo. Moi grande, moi cómodo, moi ameno, moi limpo... pero recinto Ben tratados, ben atendidos, ben alimentados, ben acariñados... pero recluídos. Fóra do recinto está a liberdade. Cos seus desacougos, as súas incertezas, os seus problemas, os seus perigos... pero liberdade. Cada un dos tres afronta o conflito segundo a súa personalidade. Ou segundo a súa canalidade. E todo vai derivando cara unha traxedia... que nunca deixa de ser comedia. Comedia absurda. Comedia paródica. Comedia metafórica.

24-Abril-2021 19:00