18-Junio-2024 12:51
BANDO:
En cumprimento do Plan galego de estatística 2022-2026 (Lei 16/2021, do 20 de decembro,DOG nº 249 do 29 de decembro de 2021) o Instituto Galego de Estadística estase a realizar a operación estatística “Enquisa estrutural a fogares”. Esta operación é unha investigación de carácter oficial cuxo obxectivo principal é reflectir as condicións de vida das familias galegas en relación con diversas variables de interese como nivel de estudos, ingresos e gastos do fogar e dos seus membros etc.
A enquisa diríxese a 9.216 vivendas repartidas por todo o territorio galego, sendo o Concello da Mezquita un dos concellos elexidos, cuias vivendas serán visitadas entre o 17 de xuño e o 30 de xuño por persoal enquisador debidamente acreditado para cubrir un cuestionario estatístico.
As vivendas seleccionadas recibiron unha carta remitida polo Instituto Galego de estatística na que se lles informaba do obxectivo da enquisa, dos medios facilitados para contestala (internet, teléfono gratuíto ou poñéndose persoal enquisador en contacto co fogar), da obriga de facilitar eses datos, tal e como indica o artigo 18 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, e de que a información proporcionada é estritamente confidencial e está protexida polo segredo estatístico, segundo establecen os artigos 24-28 da citada Lei.
Dado o carácter OBRIGATORIO e OFICIAL da enquisa, dende o Concello informámoslles que poden colaborar en facilitar os datos ó enquisador acreditado.
Para calquera dúbida poden chamar o teléfono 900 102 104 do INSTITUTO GALEGO DE ESTADÍSTICA.