Volver a la lista

AXUDAS Á COMPRA DE BICLETAS ELÉCTRICAS DE PEDALEO ASITIDO E DE MAN PARA CADEIRA DE RODAS

Información Xeral

05-Mayo-2025 09:58


A Xunta de Galicia establece no ano 2025 o programa EBici, a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, dirixido ao fomento do uso de bicicletas eléctricas con pedaleo asistido e de bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas, mediante unha liña de subvencións para a súa adquisición. O cambio nos hábitos de mobilidade para reducir as repercusións sobre a contorna natural apostando ao tempo por modos de transporte sostibles desde o punto de vista do medio ambiente e saudables para a cidadanía, tanto desde o punto de vista individual como colectivo. Neste sentido, procúrase minimizar o emprego do coche particular e impulsar os modos de transporte non motorizados no ámbito urbano e interurbano de proximidade. Este tipo de movementos concentran gran parte dos desprazamentos cotiás da poboación. Na maioría dos casos, a distancia oscila entre os 2 e os 12 quilómetros, sendo estas marxes asumibles para o seu percorrido en bicicleta ou, no caso de persoas usuarias de cadeiras de rodas, en cadeiras dotadas da denominada terceira roda híbrida ou eléctrica. As subvencións do programa EBici están deseñadas para fomentar o uso de bicicletas eléctricas ou bicicletas de man híbridas ou eléctricas, e facilitar a súa compra. Deste xeito, favorecerase que os desprazamentos cotiás de curta distancia realícense de forma sostible, reducindo as emisións de gases de efecto invernadoiro á vez que se rebaixa a contaminación acústica. Ademais, supón unha mellora na saúde das persoas ao promover a actividade ao aire libre e o exercicio físico.

CANTIDADE SUBVENCIONABLE

A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 50% do prezo da bicicleta eléctrica con pedaleo asistido para un/unha beneficiario/a xeneral (cun límite de 500 €). No caso de integrantes dunha familia numerosa, chegará ata o 60% (cun límite de 600 €). Por último, o tope para quen forme parte dunha familia numerosa con categoría especial será do 70% (cunha contía máxima de 700 €). Unha persoa beneficiaria só poderá recibir axuda pola adquisición dunha única bicicleta eléctrica con pedaleo asistido.

PRAZO:

As axudas correspondentes a 2025 poderán solicitarse ata o 16 de maio e ata o 13 de novembro de 2025 ou ata cando se esgoten os fondos.

ENTIDADES COLABORADORAS:

                                              https://ebici.xunta.gal

MAÍS INFORMACIÓN:

DOG do 30 de abril 2025

 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250430/AnuncioG0759-160425-0001_es.pdf

Adjuntos: