Volver a la lista

BANDO: SUBVENCIÓN MELLORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VIVENDAS

Información Xeral

05-Mayo-2025 20:29

Con data 29 de abril de 2025 no DOG nº 18 publicouse a Resolución de 22 de abril de 2025 pola que se convoca o Programa de axudas ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2025, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E).
Beneficiarios/as: persoas físicas propietarias, usufructurarias ou arrendatarias de vivendas, sempre que constitúan o seu domicilio habitual e permanente no momento de solicitar a axuda que acreditarase a través do certificado de empadroamento.
Requisitos: coas obras proxectadas débese conseguir unha reducción da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de, alomenos, 0,7% ou unha reducción do consumo de enerxía primaria non renovable de, alomenos, un 30%
Obxecto: obras e equipamentos polas que se poda acadar unha reduccón da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de, alomenos, o 7% ou unha reducción do consumo de enerxía primaria non renovable de, alomenos, un 30%. Tamén se considerarán subvencionables as actuacións de modificación ou substitución de elementos constructivos da envolvente térmica para adecuar as súas características ós valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ó aire.
Documentación: Ver artigo noveno da Resolución (enlace), así como contar co certificado de eficiencia enerxética e proxecto técnico entre outros.
Importe das axudas: será do 40% do custo das actuacións cum límite de 3.000 € por vivenda, incluídos honorarios de profesionais independentes. Inversión mínimo por vivenda 1.000 €
PRAZO: cinco días habiles dende o seguinte ó da publicación desta Resolución no DOG. Dende o 08/05/2025 ata o 08/07/2025
Enlace DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250429/AnuncioC3Q2-150425-0001_gl.html

Adjuntos: