Volver a la lista

ANDAINA DAS LETRAS EN FRUÍME

CULTURA E LECER

06-Mayo-2025 09:11

Imagen de evento


CAMIÑATA DAS LETRAS

Unha andaina diferente na que podemos camiñar, disfrutar da natureza na parroquia de Fruíme e coñecer un pouco máis da vida e obra de Diego Antonio Zernadas de Castro, "O cura de Fruíme", o primeiro precursor do galeguismo.

A saída e chegada é dende o Adro da Igrexa de Fruíme,  tódolos menores de 12 anos teñen que vir acompañados por un adulto. É un percorrido fácil, no obstante os pais e nais son os que deben en ter conta as capacidades físicas dos nenos e nenas para facer o percorrido de 5 kilómetros.

É imprescindible cubrir tódolos datos personalizados das entradas para poder cumprimentar o correspondente seguro de accidentes,  en caso contrario a organización pode anular a inscrición.