A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. Para iso, preséntase a CAMPAÑA DE VERÁN. As idades mínimas e máxima para participar nesta campaña é de 9 a 17 anos (Código BS303A)
Baixo o lema Modo verán activo, a Campaña de Verán de 2025 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:
- Campamentos en Galicia. Prazo de presentación solicitude de 2 ó 15 de maio.
- Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
- Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro. para maiores de 18 anos. Prazo dende o 2 ó 15 de maio, primeira convocatoria e dende o 20 de maio, segunda convocatoria ata cubrir as prazas.
- Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas
- Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades e grupos de persoas mozas non asociadas.
- Actividades de ocio alternativo para maiores de 18 anos.
O prazo de presentación abrirase do 2 ó 15 de maio.
Mais información:
https://xuventude.xunta.gal/accion-de-veran