Axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, dentro do programa Respiro familiar, para facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas coidadoras para o exercicio 2025 (DOG nº 95 do 20/05/2025)
A.- MODALIDADES E PERIODO SUBVENCIONABLE:
- Respiro no fogar, para financiar a atención puntual, integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade.
- Modalidade de respiro en centro de día, para financiar os gastos da atención puntual, integral e directa en centros de día da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Respiro en residencia, para financiar estadias temporais en centros residenciais da CA de Galicia.
Serán subvencionables os gastos xerados no ano 2025 dos servizos constituídos polas actuacións que se desenvolvan no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 21 de novembro de 2025.
B.- REQUISITOS:
Para que a persoa coidadora sexa beneficiaria da subvención é necesario que concorran os seguintes requisitos:
- Que ben a persoa coidadora solicitante da subvención ou ben a persoa ou persoas que atenda sexan residentes na C.A. de Galicia.
- Que a persoa a que se atende presente calquera das seguintes situacións:
- Discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e ter recoñecida polo organismo competente unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75 %.
- Ter recoñecida a situación de dependencia polo organismo competente; grao II ou III.
- Que a persoa a que se atende, no caso de non encontrarse nas situacións enumeradas nos ordinais anteriores, presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.
C.- PRAZOS:
Solicitude: ata o 15 de outubro de 2025. O prazo para resolver e notificar a resolución das axudas será de tres meses, contados desde o día seguinte á data en que a solicitude teña entrada no rexistro. Sentido do silencio: negativo
Xustificación: ata o 21 de novembro de 2025.
Para máis información poden contactar co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (982559109/677489457)