Volver a la lista

BONOS ACTIVA COMERCIO

Emprego

03-Junio-2025 10:20


A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración vai abrir o día 4 de xuño ás 9:00 horas o prazo para a solicitude dos Bonos Activa Comercio do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas

OBXECTO:

Incentivar a demanda comercial axudando económicamente as persoas consumidoras a fomentar o cunsumo nos establecementos comerciais retallistas adheridos á campaña.

CONDICIÓNS DE USO DOS BONOS:

Para a solicitude e obtención dos bonos, cada usuario deberá darse de alta previamente na web https://bonosactivacomercio.gal e indicar a seguinte información: Nome e apelidos, Localidade de residencia, Maioría de idade, DNI, Tfno móvil, Correo electrónico.

Cada persoa beneficiaria disporá dun único bono que poderá ser usado nun ou en varios comercios retallistas adheridos ao programa.

Cada bono terá un valor de 30 €. En función do importe das compras, poderán obter os seguintes descontos:

-          Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.

-         Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.

-          Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 € (IVE incluído).


DATA DE ACTIVACIÓN DOS BONOS:

Os bonos estarán disponibles na web www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 4 de xuño de 2025, ás 9:00 horas, ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance os 2.500.000 €.

INFORMA: 

Orde do 19 de maio de 2025 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración (DOG nº 104 de data de 03/06/2025)

Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109