04-Junio-2025 09:38
Publicouse no DOG a Orde do 19 de maio de 2025 pola que se convoca a primeira edición de 2025 do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio (código de procedemento CO301B).
Para a solicitude e a obtención dos bonos, cada persoa usuaria deberá darse de alta na web www.bonosactivacomercio.gal indicando a seguinte información:
a. Nome e apelidos.
b. Maioría de idade.
c. DNI ou NIE.
d. Localidade de residencia (código postal).
e. Número de teléfono móbil.
f. Correo electrónico.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250603/AnuncioG0767-200525-0003_gl.html