04-Junio-2025 14:11
A Deputación de Ourense pon en marcha o programa experimental de termalismo con deterioro cognitivo leve, co fin de afondar na detección temperá de enfermidades neurodexenerativas e na xeración de hábitos saudables como actividade física de mantemento.
O programa experimental basearase no desenvolvemento de talleres de estimulación cognitiva combinados con actividade física de prevención e mantemento na auga mineromedicinaltermal de piscinas dos balnearios.
A primeira actuación do programa experimental iniciarase o día 9 de xuño no Balneario OCA, o prazo para solicitar praza esta aberto. O prezo a pagar polo usuario sería de 75 € polos catro meses de taller.
LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN
As prazas poderanse solicitar desde o luns 2 de xuño, ata que se esgoten, por internet na dirección https://raiatermal.com/programs ou presencialmente na área de Benestar da Deputación de Ourense, na Asociación Afaor ou a través dos servizos sociais municipais que así o consideren.
Para calquera dúbida poden acudir a oficina de Servizos Sociais do Concello en horario de 9:00 a 14:30 horas.