Volver a la lista

BANDO: PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS

Información Xeral

16-Junio-2025 19:45

A Consellería de Política Social e Xuventude según a Orde do 6 de xuño de 2025 establece as bases reguladoras para a concesión de estadías en prazas en establecementos balnearios da Comunidade Autonoma de Galicia, dentro do Pograma Benestar en Balnearios e se procede a súa convocatoria.(DOG.nº113 do 16/06/2025) BS607A
O programa consiste:
En quendas que teñen unha duracion de 10 dias, con nove noites.
O desenvolvemento destas quendas terá lugar durante o período comprendido entre o 15 de xuño e o 31 de decembro do ano 2025.
BENEFICIARIOS:
1. Ter cumpridos, 60 anos ou maior de 55 e reunir a condición de pensionista da Seguridade Social.
2. Estar empadroado nalgún Concello da Comunidade Autonoma
3.Non padecer alteracións do comportamento que podan afectar á normal convivencia nos establecentos , nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
4.- Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
5.-Acadar de conformidade co baremo establecido a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
A persoa solicitante poderá ir acompañada polo seu conxuxe ou parella de feito, ou persoa que teña unha relación análoga a relación conxugal, ou por un fillo/a que teña un grao de discapacidade igual ou superior au 33%, sempre e cando este poida acudir sen axuda de terceira persoa, e comparta habitación cos proxenitores.
LUGAR E PRAZO DE PRESENTACION
As solicitudes presentaranse telemáticamente a través do enderezo https://sede.xunta.gal. Opcionalmente poderán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento. O prazo para presentar as solicitudes será dende o día 17 de xuño ata o día 16 de xullo.
Para calquera dúbida poden acudir a oficina de Servizos Sociais do Concello en horario de 9:00 a 14:30 horas.

Adjuntos: