Volver a la lista

BANDO: PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL PARA O ANO 2025/2026

Información Xeral

04-Julio-2025 09:46

O IMSERSO convoca as prazas para pensionistas que desexen participar no PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL para o ano 2025/2026. Requisitos das/dos usuarias/os
1.Residentes en España: podrán participar no programa de turismo do Imserso, as persoas residentes en España que reúnan algún dos seguintes requisitos:
a.Ser pensionista de xubilación do sistema público español de pensions.
b.Ser pensionista de viudedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade.
c.Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 anos cumpridos ou máis anos de idade.
d.Ser titular ou beneficiario/a do Sistema da Seguridade Social, con sesenta e cinco anos cumpridos ou máis anos de idade
2.Poboación española residente no exterior que reúnan os requisitos esixidos no punto anterior para participar no programa. As personas residentes en Alemania, Andorra, Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Holanda, Italia, Luxemburgo, Noruega, Portugal, Reino Unido, Suecia e Suiza, poderán tramitalo nas correspondentes Consellerías de Traballo, Migracions e Seguridade Social.
3.Poboación española de orixen, emigrante que retornaron a España, sempre que sexan pensionistas dos sistemas públicos de Seguridade Social do país ou países aos que emigraron.
 Lugar e prazo de presentación
As persoas interesadas en participar no programa poderán achegarse ó departamento de Servicios Sociais do Concello para facer a súa solicitude tendo en conta, que o prazo de presentación de solicitudes remata o día 23 de xullo de 2025.

Adjuntos: