Volver a la lista

BANDO: COBRO DOS RECIBOS DE LIXO

Información Xeral

04-Julio-2025 12:25

O Concello está adherido e delegou na Deputación a competencia de establecemento, imposición e ordenación das taxas pola prestación do servizo de RECOLLIDA DE LIXO, informámoslle que entre finais do mes de xuño e a primeira quincena do mes de xullo o Servizo de Xestión Tributaria e Recadación da Deputación Provincial de Ourense procederá o envío das notificacións de alta no padrón do lixo xunto co recibo do primeiro trimestre de acordo coas tarifas aprobadas na Ordenanza fiscal reguladora da taxa provincial pola prestación do servizo intermunicipal delegado de recollida, transporte e tratamento de residuos de competencia local (BOP nº 249 de 27/12/2024).
Ós efectos de facilitar o pagamento por parte dos veciños do seu municipio, se o recibo do lixo vixente anteriormente estaba domiciliado na Deputación, esta continuará sendo válida e se a domicilación foi facilitada polo seu concello cargarase na conta remitida, sen prexuízo de que, se resultara rexeitada pola entidade bancaria, esta liquidación pasará a vía executiva.
Polo tanto sería convinte verificar que a conta bancaria que figura no recibo continua vixente, xa que as domiciliacións serán cargadas na primeira semana do mes de setembro.
O resto dos trimestres serán remitidos ó domicilio dos contribuíntes por correo ordinario, polo que para evitar despistes nos pagamentos recomendámoslles, que a mellor forma de pagamento é a domiciliación dos seus recibos, e así evitar a vía executiva.

Adjuntos: