Volver a la lista

BONO PEIXE (Programa de Dinamización e Incentivación do Consumo de Peixe e Mariscos Frescos nos Comercios Retallistas)

Emprego

11-Julio-2025 09:44

OBXECTO:
Incentivar e normalizar o hábito de consumo de peixe e marisco frescos a través dun apoio económico sostido no tempo ao seu prezo no comercio retallista, reactivando e dinamizando o consumo nos establecementos comerciais de proximidade adheridos á campaña dos produtos obxectivo dela.

COMERCIOS MINORISTAS CON ESTABLECEMENTO OU AMBULANTES QUE PODEN ADHERIRSE A ESTE PROGRAMA DE BONOS:

Desde o 11/07/2025 ata o 30/10/2025, os establecementos minoristas con ou sin establecemento permanente poderán solicitalo na web www.bonopeixe.gal.

Requisitos para poder adherirse:

-          Desenvolver a súa actividade comercial en Galicia.

-          Ser empresarios autónomos ou pequenas e medianas empresas.

-          Estar de alta nalgún dos epígrafes do IAE que aparecen na orde publicada no DOG nº 94 de 10/07/2025.

CONDICIÓNS DE USO DOS BONOS:

Para a solicitude e obtención dos bonos, cada usuario deberá darse de alta previamente na web www.bonopeixe.gal e indicar a seguinte información: Nome e apelidos, Maioría de idade, DNI ou NIE, Localidade,Tfno móvil, Correo electrónico.

Cada persoa beneficiaria disporá dun único bono que poderá ser usado nun ou en varios comercios retallistas adheridos ao programa.

Cada bono terá un valor de 50 €, que estarán disponibles para o seu uso en tramos semanais de 5 € acumulables duante o período de validez do bono, para as compras de peixe e marisco frescos realizadas nos comercios adheridos.

En función do importe das compras, poderán obter os seguintes descontos:

-          Aplicarase un desconto do 25 % e na comra de peixe e marisco fresco, sen exixencia dunha compra mínima.

-          Este deconto terá un límite máximo de 5 € por semana.

-          No caso de ter acumulados descontos non utilizados en semanas anteriores poderase aplicar o saldo acumulado, pero o importe total do desconto non poderá superar os 25 € nunha mesma semana.

DATA DE ACTIVACIÓN DOS BONOS:

Os bonos estarán disponibles na web www.bonopeixe para a súa descarga a partir do 28 de xullo de 2025.

INFORMA: 

Orde do 27 de xuño de 2025 da Consellería do Mar (DOG nº 131 de data de 10/07/2025)