Volver a la lista

A AUGA É VIDA. APROVÉITAA

Novas

17-Julio-2025 12:58

Imagen de evento

O Concello de Brión, xunto con Espina & Delfín, lanza unha nova campaña para fomentar o consumo responsable da auga entre a veciñanza.

En agosto de 2024 consumiuse un 44% máis de auga ca en febreiro.
As altas temperaturas e a escaseza de choiva están a afectar aos nosos ríos e reservas.

Por iso, queremos lembrar que pequenos xestos fan grandes cambios:
- Pecha a billa mentres lavas os pratos
- Dúchate en vez de bañarte
- Non tires lixo polo inodoro
- Usa a lavadora e o lavalouzas con carga completa
- Evita encher piscinas ou lavar o coche con frecuencia
- Se vas estar fóra, pecha a chave da auga

Cada gota conta. Fagamos de Brión un exemplo de respecto e coidado polos recursos naturais. Súmate!

Mais info: https://i.gal/RBBmI