Volver a la lista

ALERTA METEOROLÓXICA POR VAGA DE CALOR

Información Xeral

04-Agosto-2025 17:24

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, no marco do "Plan de Actuacións
da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde" informa
ás 14:18 horas de hoxe, dunha actualización do episodio de vaga de calor para hoxe luns 4 de
agosto:
Queda en NIVEL 3 VERMELLO a zona do MIÑO en Pontevedra e VALDEORRAS de Ourense
Queda en NIVEL 2 LARANXA as zonas de LITORAL en Pontevedra e SUROESTE da Coruña
Queda en NIVEL 1 AMARELO as zonas de MIÑO, SUR e MONTAÑA de Ourense
Para mañán día 5:
Queda en NIVEL 3 VERMELLO a zona do LITORAL en Pontevedra e VALDEORRAS de Ourense
Queda en NIVEL 2 LARANXA as zonas de MIÑO en Pontevedra e SUROESTE da Coruña
Queda en NIVEL 1 AMARELO as zonas de MIÑO, SUR e MONTAÑA de Ourense
Este fenómeno afectará á Comunidade Autónoma ata o xoves día 7 de agosto.
Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles que, en previsión destes
feitos: ADOPTEN as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións, transmitindo e
informando a cidadanía que participe en eventos, do tipo que sexa, das medidas de
autoprotección que deben adoptar

Adjuntos: