O Concello de Ourol informa que está aberto o prazo de solicitude do BONO CONCILIA FAMILIA ata o día 8 de outubro de 2025.
O Bono Concilia Familia é unha axuda directa que contribúe a financiar servizos de conciliación contratados polas familias durante as vacacións escolares ou ante necesidades puntuais. Cobre a contratación dunha persoa coidadora a domicilio, campamentos -salvo aqueles organizados pola Xunta de Galicia-, ludotecas ou outros servizos autorizados pola Consellería de Política Social e Igualdade.
REQUISITOS:
- Residir en Galicia
- Ter un fillo/a de entre 4 e 13 anos (nacidos entre o 1/1/2012 e o 31/12/2021)
- Que ambos proxenitores traballen no período solicitado (ou un no caso das familias monoparentais)
QUE SUPOSTOS COBRE:
- Períodos de vacacións escolares.
- Enfermidade do pequeno/a e imposibilidade de ser coidado polos membros da unidade familiar.
- Enfermidade da persoa coidadora habitual.
- Situacións puntuais de carácter laboral ou de formación.
- Situacións puntuais de coidado a familiares de ata 2º grao de parentesco.
IMPORTE DA AXUDA:
A axuda cobre ata o
75% do servizo; pero
amplíase ata o 100% para as familias de especial consideración (numerosas, monoparentais, acolledoras, con garda con fins adoptivos, con fillos con discapacidade superior ao 33% e vítimas de violencia de xénero).
En todos os casos aplican estas contías máximas:
- 500 euros por unidade familiar para contratar un coidados a domicilio.
- 200 euros por cada fillo/a no caso de asistencia a campamentos ou servizos de conciliación colectivos autorizados pola Consellería de Política Social e Igualdade.
COMO SE FAI EFECTIVA A AXUDA:
Coa presentación da solicitude de Bono Concilia Familia deberase entregar a seguinte documentación xustificativa:
a) No caso da contratación de campamentos, servizos de conciliación autorizados ou de atención a domicilio:
- Facturas e xustificantes bancarios que acrediten o pagamento da factura, agás que o importe sexa inferior a 1.000 euros, en cuxo caso se xustificará mediante a presentación do recibo do provedor.
b) No caso de contratación dunha persoa empregada do fogar ou ampliación das horas dun contrato preexistente:
- Contrato de traballo onde conste expresamente o período de contratación, o seu obxecto e o intervalo horario no que se presta o servizo.
- Xustificantes bancarios do pagamento do salario e das cotas da Seguridade Social.
Para máis información poden dirixirse ó Dpto. de Servizos Sociais do Concello de Ourol ou chamando ós teléfonos 982559109/677489457