23-Septiembre-2025 08:52
O Concello de Ourol vai organizar un “CURSO SOBRE OS CULTIVOS DE INVERNO” co obxectivo principal de aprender de forma práctica como preparar o horto doméstico nos meses de outono e inverno. Aprenderemos os principais coidados e cultivos; a rotación de cultivos, os tempos da colleita das hortalizas de inverno, cobertura da terra, etc…
DÍAS: 1 e 2 de outubro
HORA: 16:00 h – 20: 00 h
LUGAR: Centro Social de Merille
INSCRICIÓN: ata o 30 de setembro no teléfono 982 55 90 19 ou no 608694051