24-Septiembre-2025 14:22
A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.
Este venres 26 de SETEMBRO ás 12.30 celebrase a través da aula virtual de consumo unha actividade na que darase uns pequenos consellos para aprender sobre CONSUMO DIXITAL. Faremos unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.
Toda aquela persoa ou entidade que desexe participar, únicamente ten que acceder este venres ás 12.30 na nosa web.
Para participar:
1º.- Entra na web do IGCC:
https://consumo.xunta.gal/es
2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon AULA VIRTUAL
3º.- Verás que estás na AULA VIRTUAL DE CONSUMO, prema na ligazón para acceder á mesma "Venres de Consumo Responde".
OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador"
4º.- UNIRSE Á REUNIÓN
Escola Galega do Consumo Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo. 15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 093- 881 999 075