08-Octubre-2025 14:08
Continuando co Programa "PARA DIXITALIZARSE LUGO", ábrese o prazo para inscribirse na seguinte actividade formativa:
"Firma dixital /Ch@ve 365 / Certificados varios. Aplicacións de Sergas, facenda. Actuar ante as administracións públicas, sede electrónica”,
Terá lugar no mes de novembro no Edificio Multiusos. Vaise levar a cabo os mércores e xoves de 10:30 a 12:30 dende o día 5 ó 27 de novembro.
Para máis información e anotarse debe acudir ó Departamento de Servizos Sociais ou chamar ó teléfono 982559109/677489457. Para formalizar a inscrición é preciso aportar o DNI e a tarxeta de demandante de emprego de ser o caso.