14-Octubre-2025 12:01
OBXECTO:
Apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacions e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos para subministración en vivendas ou inmobles de carácter residencial.
PERSOAS BENEFICIARIAS:
- Persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de carácter residencial.
- Sociedades patrimoniais de tenza de valores inmobiliarios ou de arrendamento de inmobles.
- Comunidades ou mancomunidades de veciños.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES: Son actuacións subvencionables:
- Os paneis solares fotovoltaicos.
- O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadro eléctricos, elementos de interconexión, protección, cables, equipamentos de medidas, etc), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota, etc) e sistemas de acumulación con baterías de litio.
- O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
- O custo de montaxe e conexionado e a dirección de obra.
- IVE, cando non sexa recuperable.
CONTÍA DA AXUDA:
A contía da axuda será do 50 % da inversión elixible da instalación.
A axuda máxima por vivienda:
Paneis solares: 4.000 €
Baterías: 2.000 € adicionais
En proxectos de multivenda a axuda máxima será de 25.000 €
As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) só se permite a tramitación electrónica.
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: Do 31 de outubro de 2025 as 09:00 horas ata o 1 de decembro de 2025
INFORMACION: Resolución do 30 de setembro de 2025 da Axencia Instituto Enerxético de Galicia. (DOG nº 198 de data de 14/10/2025). Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109