16-Octubre-2025 09:33
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude acaba de abrir a convocatoria da proba en liña para a obtención do Certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2025.
PERSOAS DESTINATARIAS:
Persoas maiores de 16 anos ou que os fagan no ano natural de convocatoria, nacionais ou estranxeiras.
O número de prazas dispoñibles para realizar a proba en liña do Celga 4 será de 100.
DATA DE REALIZACIÓN DA PROBA:
A proba terá lugar no cuarto trimestre de 2025, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. A data concreta será debidamente publicada no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua (http://www.lingua.gal). En todo caso, non coincidirá coas datas das probas Celga presenciais convocadas mediante a Resolución do 1 de setembro de 2025 (DOG 176, do 12 de setembro)
Para realizar a proba, as persoas solicitantes deberán dispor dun equipamento informático composto por un ordenador con certos requisitos técnicos e un teléfono móvil que complementará o ordenador durante a proba.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 30 de outubro de 2025. As persoas que desexen inscribirse nesta proba Celga 4 deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500G, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente (16,92 €), esta aboarase unha vez sexa publicada a listaxe de persoas seleccionadas no prazo de 5 días hábiles contados dende a publicación desta lista.
Ademáis da presentación desta solicitude a través da sede electrónica, as persoas que desexen participar nesta convocatoria tamén deberán presentar unha solicitude, de inscrición na proba a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua (https://formacion-lingua.xunta.gal)
INFORMACIÓN:
- Resolución do 8 de outubro de 2025 da Secretaría Xeral da Lingua (DOG nº 200 de 16 de outubro de 2025).