Volver a la lista

5 DE NOVEMBRO: DÍA DAS PERSOAS COIDADORAS

Servicios Sociales

05-Noviembre-2025 08:45

Imagen de evento


O Concello de Ourol únese á campaña de sensibilización promovida pola Asociación Cuiden -maiores e coidadores-  con motivo do Día das Persoas Coidadoras, unha data para recoñecer e poñer en valor o esforzo, a dedicación e o agarimo de todas aquelas persoas que coidan dos seus familiares dependentes.

Dende o Concello queremos expresar o nóso apoio e agradecemento a quen, de xeito profesional ou familiar, realiza unha labor imprescindible para o benestar da nosa comunidade. Lembremos que coidar non é un feito privado nin doméstico, senón un acto social e colectivo.

¡¡Grazas por coidar, grazas por estar!!

Concello de Ourol