12-Noviembre-2025 10:05
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 323/71GAL emitido ás 12:00 horas do 11/11/2025, dun fenómeno metereolóxico adverso de nivel NARANXA por CHOIVAS a partir das 22:00 horas do 11/11/2025 na Coruña (Oeste e Suroeste). A precipitación acumulada pode acadar os 80 mm en 12 horas.
Así mesmo, no boletín 322/71 emitido a mesma hora actualízanse os avisos por fenómenos meteorolóxicos adversos de nivel AMARELO por:
• CHOIVAS: en A CORUÑA (Interior, Oeste e Suroeste) e PONTEVEDRA (Rías Baixas) a partir das 12.00h. do día 11/11/2025 e OURENSE (Sur) e PONTEVEDRA (Interior e Miño) a partir das 00.00h. do día 12/11/2025.
• VENTOS: en A CORUÑA (Noroeste, Oeste e Suroeste), LUGO ( Montaña e A Mariña), OURENSE (Montaña) e PONTEVEDRA (Rías Baixas). Ventos do sur que poden acadar os 80 km/h. No noroeste, a zona máis afectada será o entorno de Fisterra. A CORUÑA (Interior), LUGO (Centro) e PONTEVEDRA (Interior), con ventos do sur que poden acadar os 70 km/h. Dende as primeiras horas de hoxe ata o mediodía do día 12/11/2025. E PONTEVEDRA (Miño) dende as 00,00 h. do día 12/11/2025