17-Noviembre-2025 09:34
O IMSERSO por Resolución do 29 de outubro de 2025 convoca as prazas para
pensionistas que desexen participar no PROGRAMA DE TERMALISMO (BOE nº 264
do 03/11/2025).
Requisitos das/dos usuarias/os
1. Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España,
que sexan pensionistas polo Sistema de Seguridade Social español.
2. As persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:
a. Poder valerse por sí mesmo para as actividades da vida diaria.
b. Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica
para a recepción dos mesmos.
c. Alcanzar, de conformidade ca baremación establecida, a puntuación que lle permita
acceder a un dos balnearios e turnos.
As persoas interesadas en participar no programa poderán achegarse ó Departamento de Servios Sociais do Concello para facer a súa solicitude.
Establécense dous prazos para a presentación de solicitudes para participar no proceso de adxudicación de praza:
Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 4 de decembro de 2026.
Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 31 de maio de 2026.