Volver a la lista

PLAN REACTIVA OURENSE BUSCA DE EMPREGO- DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Información Xeral

17-Noviembre-2025 10:54

Imagen de evento


“Plan ReActiva Ourense_Busca de Emprego”, trátase dun programa de acompañamento activo para a incorporación ao mercado laboral de persoas da provincia de Ourense en situación de desemprego, que conta co apoio da Deputación Provincial de Ourense.  

 A duración total é de 15 horas de formación conxunta en competencias e habilidades útiles para a procura de emprego, 1 hora de seguimento individualizado por participante, de xeito 100% Online a través da plataforma Zoom, e unha xornada presencial de dúas horas de duración. Para o desenvolvemento das sesións online accederase dende un ordenador ou tablet que dispoña de cámara e audio ou móbil con conexión a internet.

 Levarase a cabo nas seguintes datas:  ARQUIVO ADXUNTO

O obxectivo fundamental é apoiar a persoas desempregadas da provincia de Ourense. Para elo deseñarase un itinerario formativo dotando aos/ás participantes das habilidades, coñecementos  e ferramentas, tanto a nivel laboral como persoal e social que lle permitan acercarse ás empresas con confianza, tranquilidade, autonomía e independencia na busca activa de emprego co obxectivo de favorecer as posibilidades de inserción laboral e desenvolverse mellor nun entorno competitivo.

 A participación é totalmente gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por rigorosa orden de solicitude.

 Pode realizar a súa inscrición abrindo o seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScvAP1IEGxhlBweKG0R8edb95uTVI0BL3hn4Nhrh8RFDQvrSg/viewform

 Pode ampliar a información dos contidos formativos no arquivo adxunto.  

Para calquera dúbida, tamén pode chamarnos ao teléfono 988 391 110 ou enviarnos un correo electrónico cos seus datos a reactivaourense@ceo.es

Más imagenes: