21-Noviembre-2025 11:47
A productora Vaca Films busca mozos/as de 18 a 25 anos de Viveiro e Ourol para un casting para a nova serie que se está rodando en Ourol.
A rodaxe está prevista que se realice o sábado dia 29 de novembro en horario de 18:00 h. a 04:00 h. e o domingo día 30 de novembro en horario de 17:30 h. a 03:30 h.
Para presentarse ao casting os mozos/as interesados deben enviar ao mail: castingsgalicia@gmail.com os seguintes datos:
nome completo, idade, teléfono de contacto, concello de residencia, altura, talla de camiseta, pantalón e zapatos e fotos recentes