Volver a la lista

ADXUDICACIÓN VIVENDAS UNIFAMILIARES FFCC DE VILAVELLA

Información Xeral

25-Noviembre-2025 11:06

O dia 21 de novembro do 2025 publicouse a convocatoria do concurso para adxudicación en réxime de alugueiro de tres vivendas unifamiliares (nº1, nº 3 e nº 8) rehabilitadas con cargo ao proxecto ESTACIÓNS na contorna na estación de FFCC de Vilavella (BOP Nº 224).

 As bases e convocatoria publicaranse integramente no perfil do contratante da Presidencia do Inorde, aloxado na Plataforma de Contratación do Sector Público, na dirección https://contrataciondelestado.es, e na páxina web do Inorde, http://inorde.com/es, e anuncio no BOP de Ourense

 Duración: duración dun (1) ano e prorrogaranse obrigatoriamente, por períodos anuais, segundo o establecido nas bases da convocatoria.

 Renda: 150 € mensuais (impostos incluídos).

 O prazo de presentación de solicitudes remata o día 12 de decembro do 2025.

 Para calquera dúbida e para cubrir os impresos poden acudir ás oficinas do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Adjuntos: