Volver a la lista

CAMPAÑA POLO DÍA MUNDIAL DA SIDA: SUPERAR AS DISRUPCIÓNS, TRANSFORMAR A RESPOSTA AO SIDA.

Servicios Sociales

01-Diciembre-2025 09:31


O Concello de Ourol súmase este 1 de decembro á Campaña de ONUSIDA na conmemoración do Día Mundial da Sida, unha data na que o mundo enteiro se une para apoiar ás persoas que viven co VIH e lembrar a quen faleceu por causas relacionadas coa sida.

Baixo o lema “Superar as disrupcións, transformar a resposta ao sida”, este ano poñemos o foco nos desafíos actuais e na necesidade dunha resposta sólida, informada e libre de prexuízos.

O lazo vermello, símbolo universal de solidariedade, lembra hoxe máis ca nunca que o VIH non desapareceu e que é imprescindible reforzar a prevención, a información e o apoio ás persoas afectadas, avanzando cara a unha sociedade sen estigma nin discriminación.

Desde o Concello de Ourol reiteramos o noso compromiso coa sensibilización e coa defensa dos dereitos e do benestar das persoas que viven co VIH.
Como en anos anteriores, o concello de Ourol participa nesta campaña a través da distribución de materiais divulgativos que se depositarán en dúas mesas informativas que se instalarán na Casa do Concello e na Casa da Cultura. 

Adjuntos: