03-Diciembre-2025 13:45
Nos vindeiros días, terá lugar a activación da rede móbil de nova xeración 5G, o que podería causar afectacións na recepción da TDT nalgúns fogares da nosa localidade.
Para solucionar calquera incidencia, os operadores móbiles contan con llega700, a empresa encargada de ofrecer asistencia gratuíta a todas as persoas usuarias afectadas.
Se notas problemas coa túa TDT, podes solicitar axuda chamando ao teléfono gratuíto:
900 833 999
Grazas pola vosa colaboración.