15-Diciembre-2025 12:15
Polo Nadal, o mago Cayetano Lledó presenta en Brión o seu espectáculo de ilusionismo “Maxia, maxia”
Destinado a público infantil e familiar
"Maxia, Maxia!" de Cayetano Lledó é unha viaxe máxica para todas as idades, chea de ilusións asombrosas e momentos inesquecibles. Este espectáculo combina a esencia clásica da maxia con un enfoque fresco e dinámico, pensado para cativar tanto aos máis pequenos como aos maiores.
DATA: sábado 20 de decembro
HORA: 18:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.