19-Diciembre-2025 14:29
Que o Ministerio de Sanidade, por Real Decreto 900/2025, de 7 de
outubro establece as normas reguladoras para a prestación de sistemas
de axuda visual a persoas menores de idade hasta 16 anos.
OBXECTO: Axuda directa para adquisición de gafas ou lentes de
contacto, destinadas a calquer neno, ou adolescente de 16 anos ou
menos, residentes en España. É unha prestación universal sin limites
por niveles de renta familiar, para calquer neno que presente un
problema visión diagnósticado (miopía, hipermetropía ou astigmatismo)
e sexa susceptible de corrección.
O importe da axuda será de 100€.
LUGAR E PRAZO DE PRESENTACION: A solicitude farase
directamente na óptica. O prazo de presentación dende o día
17/12/2025 ata 31/12/2026.