26-Diciembre-2025 12:49
O Concello de Cortegada informa que, nas vindeiras datas, levaranse a cabo traballos de corta e limpeza de árbores nos seguintes tramos das pistas das parroquias de Louredo e Zaparín.
O obxectivo principal desta actuación é mellorar a seguridade viaria, eliminando aqueles elementos vexetais que poidan supoñer un risco para a circulación de vehículos, peóns ou vivendas. Así mesmo, tamén se contribúe á prevención de incendios forestais, Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia. Infórmase aos propietarios das parcelas afectadas que, se desexan aproveitar a madeira resultante, poderán retirala pola súa conta antes do inicio dos traballos, previsto para a semana do 20 de xaneiro. En caso contrario, a empresa procederá á súa retirada.
As distancias de retirada de arborado desde os noiros das pistas serán as seguintes: 2 metros, Para todas as especies.
Para calquera dúbida ou aclaración, poden poñerse en contacto coa empresa encargada no teléfono 676 979 348.
Pedimos desculpas polas posibles molestias que estes traballos poidan ocasionar e agradecemos de antemán a comprensión e colaboración da veciñanza, lembrando que estas actuacións son necesarias para garantir unhas vías máis seguras para todos e todas. Grazas pola vosa colaboración. O que se fai público para o xeral coñecemento.
O alcalde
Cortegada, 18 de Decembro de 2025
Avelino Luís de Francisco Martínez