Volver a la lista

OFERTA EMPREGO CONCELLO DE OUROL: 2 AUXILIARES DE FOGAR

Emprego

05-Enero-2026 12:47


Están expostas as bases para contratación laboral temporal, mediante oposición de dous/dúas auxiliares de fogar, unha a xornada completa e outra a xornada parcial (75 %).

Tipo de contrato e duración: Contrato de traballo temporal por circunstancias da producción e a súa duración será de seis meses.

O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 7 ao 13 de xaneiro de 2026 (ambos inclusive)

Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.

As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es