13-Enero-2026 09:51
BENEFICIARIOS:
Persoas físicas propietarias ou usufructuarias de vivendas situadas en concellos de menos de 5.000 habitantes e que acrediten ingresos non superiores a 6,5 veces o IPREM
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:
Obras de rehabilitación, terminación e/ou ampliación de vivendas así como as actuacións dirixidas ao cambio de uso de locais e entreplantas para destinalos a vivenda.
Dentro das actuacións de rehabilitación, enténdense incluídas as de accesibilidade, conservación, habitabilidade, sustentabilidade e eficiencia enerxética das vivendas.
As actuacións subvencionables non deben estar iniciadas na data de publicación da orde de convocatoria (13/01/2026).
A vivenda dedicarase a residencia habitual e permanente das persoas propietarias e/ou usufructuarias ou a alugueiro durante un prazo como mínimo, de cinco anos
No suposto de que as vivendas se destinen ao alugueiro, a obtención da condición de persoa beneficiaria deste programa determinará a incorporación da vicneda ao programa Fogar Vivo da Comunidade Autónoma de Galicia.
AXUDAS:
As axudas serán do 75 % do orzamento protexido das obras, sen que en ningún caso poidan superar a cantidade de 30.000 euros por vivenda.
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES:
O prazo comezará o 20 de xaneiro de 2026 a partir das 9:00 horas e rematará o 1 de setembro de 2026 ou ata o esgotamento do crédito orzamentario.
INFORMACIÓN:
Resolución do 22 de decembro de 2025 do Instituto Galego da Vivenda e Solo, DOG nº 7 de 13 de xaneiro de 2026.
Para máis información poden acudir ao Concello de Ourol a través do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, en horario de 9:00 a 14:00 horas ou ben chamar ao teléfono 982-559109.