14-Enero-2026 08:59
Consideraranse actuacións subvencionables ao abeiro deste programa:
Obras de rehabilitación, terminación e/ou ampliación de vivendas.
Dentro das actuacións de rehabilitación, enténdense incluídas as de accesibilidade, conservación, habitabilidade, sustentabilidade e eficiencia enerxética das vivendas así como as actuacións para a medición e a execución de obras que eviten a entrada do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.
Actuacións dirixidas ao cambio de uso de locais e entreplantas para destinalos a vivenda.
Pódense incluír as actuacións preparatorias: custe da redacción dos proxectos, os honorarios dos profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados necesarios e os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. O custo total das obras incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e demais tributos.
- 75% do orzamento protexido das obras.
- Límite: 30.000 € por vivenda.
Concurrencia non competitiva. As solicitudes atenderanse por rigorosa orde de presentación; entenderase como data de presentación aquela na que o expediente teña toda a documentación correcta que debe acompañar á solicitude.
Desde las 9.00 horas del 21/01/2026 hasta las 14.00 horas del 01/09/2026
As subvencións concederanse por orde de presentación ata esgotamento da dotación presupuesto.
INFORMACIÓN:
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense: 988 386 268